top of page

Atopámonos en plena crise de recursos e o ritmo das cidades está cada vez a distanciarse máis da realidade. Enerxía, alimentos, datos…o ser humano consume habitualmente recursos que teñen unhos valores cuxo prezo non inclúe o seu valor natural. Esto, estanos a levar ao consumo desenfreado e sen conciencia dos mesmos. A necesidade de cambiar determinados comportamentos cidadáns, que están clarísimamente por riba das posibilidades do medio, é apremiante para reducir a pegada nun medio cada vez máis deteriorado e fráxil.

Neste proxecto proponse a realización dunhas xornadas teórico-prácticas de sensibilización e concienciación sobre o impacto do uso dos recursos no medio natural, con propostas de cambio para reducilo en diversos eidos. Agricultura, gandeiría ecolóxica e respeto animal, uso sostible dos solos, construccións sostibles, autoxestión doméstica responsable co medio, cooperativismo, cultura do procomún, permacultura e moda responsable; serán as temáticas sobre as que se fundamentarán os diversos talleres, conferencias e documentais deste proxecto. 

O obxetivo é fomentar hábitos de vida saudables con nós mesmos, pero sobre todo co entorno. Dende o individuo para a poboación e finalmente para o medio.

Un proxecto de:

Financiado por:

Contáctanos:

¡Bien! Mensaje recibido

bottom of page